AVISO: ROTURA DE TUBAXE DE AUGA NA AVDA. DE PORTUGAL
Fecha: 2021-03-01
Por mor da rotura nunha tubaxe de subministración de auga na avenida de Portugal hai uns minutos, tanto esta vía urbana, como a rúa Rosalía de Castro e a rúa Conchases sufrirán cortes de abastecemento de auga ao longo desta mañá. Estímase que a reparación dure 3 horas, aproximadamente.
Desculpen as molestias.