AVISO: CORTE DE LUZ EN CAMPOS, REBOREDO, BALEA E ARREDORES
Fecha: 2021-03-10
O Concello do Grove informa de que por causa dun lume que se xerou nun tramo do tendido eléctrico situado na subida á Siradella ardeu un pequeno anaco de monte. O incendio xa foi sufocado polo Servizo de Emerxencias do Grove, pero produciu un corte de luz en Campos, Reboredo, Balea e outras zonas limítrofes. No lugar do sinistro xa están traballando os operarios da empresa subministradora de electricidade para restablecer o servizo o máis axiña posible. Desculpen as molestias.