Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE DIFUNDE A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS DE CULTURA UN VÍDEO DE HOMENAXE Á VILA DO GROVE

Fecha: 2021-03-31

 

O Concello do Grove difunde a través das redes sociais de Cultura un vídeo de homenaxe á vila do Grove.

O vídeo, elaborado polo persoal da Rede de Bibliotecas do Grove, amosa a vila do Grove a través de diferentes manifestacións culturais, xuntando imaxes do arquivo fotográfico do Concello. As participantes no club de lectura da biblioteca póñenlle voz a un dos artigos periodísticos de Manuel Lueiro Rey titulado “O Grove” e recollido no libro “O Grove canción do sal e do vento”, con música a cargo do grupo local Os Firrás.

O obxectivo é homenaxear a nosa vila dando a coñecer unha pequena mostra da súa riqueza cultural.

Pódese acceder ao vídeo a través do seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=Fikdmp8Hxb0&t=305s