BONOS DE DESCONTO MERCANOGROVE
Fecha: 2021-04-16
O Concello do Grove pon en marcha un plan de apoio e dinamización do seu tecido social e económico con diversas medidas englobadas na campaña MERCANOGROVE. Unha delas, e fundamental, é a posta en circulación duns packs de bonos de 30 € (10, 10, 5 e 5 €) dos que a persoa usuaria pagará 20 € e os outros 10 € correrán a cargo do Concello. Os bonos poderán conseguirse e trocarse a través da web www.mercanogrove.com en calquera dos establecementos/negocios adheridos á campaña.