Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON DIFERENTES ACTIVIDADES DIRIXIDAS A DIVERSOS PÚBLICOS

Fecha: 2021-05-11

O Concello do Grove ofrecerá durante os próximos días varias propostas para celebrar o día das Letras Galegas 2021.

O venres 14 de maio a partir das 18.00 h Raquel Queizás achegará ata a Biblioteca do Grove o espectáculo de narración oral “Arredor de Xela”, unha homenaxe á vida e obra e Xela Arias para coñecela mellor e entreter cos seus versos. O espectáculo vai dirixido a público infantil e familiar e, para asistir, é necesaria inscrición previa na biblioteca, no tfno. 986 732 341, no e-mail biblioteca@concellodogrove.es ou polas Redes sociais da biblioteca.

0 luns 17 de maio, a partir das 18.00 h ofrecerase unha pasacalles a cargo da Asociación Cultural Paradanda Mecos, que amenizará as rúas do Grove con música tradicional galega.

O mesmo luns 17 de maio, a partir das 19.00 h, ofrecerase en streaming a través das Redes Sociais de Cultura, un acto a cargo do grupo musical Onte e Hoxe presentado pola cantante e reporteira da TVG Fátima Prego e que intercalará cancións interpretadas polo grupo coa intervención de persoas vinculadas á cultura galega: o actor Luís Iglesia, o director de Edicións Xerais Francisco Alonso, a estudante de Filoloxía Galega Mariña Area e o profesor e compoñente de Migallas Teatro Carlos Yus.

Xa o 20 de maio, a partir das 10.00 h, a agrupación local Xarope Tulú achegará ata a biblioteca municipal do Grove o seu espectáculo “De ti e mailo mundo que apañes” dirixido a público adulto.

“De ti e mailo mundo que apañes” pretende ser un humilde percorrido pola obra da poeta, tradutora e editora Xela Arias, un percorrido que nada ten de cronolóxico pero moito de persoal, co que a nós se refire. un espectáculo que combina a narración oral con outras linguaxes escénicas. Esta proposta tenta facer un breve percorrido pola obra da poeta Xela Arias, somerxendo o público tanto na súa poesía como na súa breve pero interesante obra narrativa. Xela, a poeta que ten máis de actual que de histórica.