Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE RECIBE UNHA SUBVENCIÓN PARA O SERVIZO DE SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA

Fecha: 2021-05-24

A Deputación de Pontevedra outorga, dentro do Plan Concellos 2021, unha subvención para a subministración eléctrico da concello.

 

Seguindo a traxectoria marcada nos últimos anos, o Concello do Grove contará con 35.000 euros con cargo ao Plan Concellos para a subministración eléctrica municipal.

 

A Deputación provincial comunicoulle ao Concello a asignación dun importe de 35.593 euros con cargo ao Plan Concellos 2021 e que se sumarán ás cantidades achegadas polo Concello para lles facer fronte aos gastos en enerxía eléctrica necesarios para manter a iluminación pública en rúas e edificios municipais. Entre estes edificios atópanse, ademais da Casa do Concello e o Edificio administrativo, os colexios públicos e pavillóns de deportes, así como as dependencias da Policía Local, Emerxencias, casas de cultura, Museo da Salga e servizos sociais.