ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2021-2022)
Fecha: 2021-06-01
O Concello do Grove convoca un ano máis estas axudas municipais dirixidas a educación infantil, ensino primario e ensino secundario obrigatorio (ESO).
Concederanse tendo en conta o nivel de ingresos e será requisito indispensable residir e estar escolarizado/a no Grove en centros sostidos con fondos públicos.
Xunto coa solicitude as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante (pai/nai/titor/a).
- Fotocopia do libro de familia (de todas as follas)
- Volante de empadroamento familiar
- Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentemente, declaración da Renda do exercicio 2020)
- Xustificante de matrícula
- Contrato/recibo do alugamento da vivenda ou do pagamento da hipoteca
- Outros documentos que apoien a petición
A antedita documentación deberá entregarse no Rexistro municipal (Edificio administrativo do Concello, rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, baixo).
O PRAZO DE SOLICITUDE estará aberto DO 1 AO 30 DE XUÑO DE 2021.
Pode descargar o impreso de solicitude para estas axudas premendo aquí>
