Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS

Fecha: 2011-01-07

A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, así como as destinadas a recuperar e conservar o patrimonio provincial, sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais que contribúan á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno.

 

BENEFICIARIOS.- Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante).
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia.
  • Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as ANPA nin aquelas asociacións que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no exercicio anterior no mesmo programa.

    O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o día 3 de febreiro.

     

    Máis información: www.depontevedra.es/