RECTA FINAL DA CAMPAÑA DE BONOS MERCANOGROVE.
Fecha: 2021-06-16
Aínda quedan dispoñibles bonos na páxina web www.mercanogrove.com ata este domingo 20 de xuño; e poderán trocarse ata o 10 de xullo.
Recordamos que estes bonos supoñen 10 € por cada 20 € de compra, e pódense comprar dous paquetes que corresponderían a 20 € de balde por 40 € de compra.
Nesta campaña participan 64 comercios da vila, dos cales o feedback que se está recibindo é moi positivo, xa que se considera que este tipo de campañas favorecen dunha maneira moi directa o consumo no comercio local e alivian a baixada das vendas que adoita producirse no segundo trimestre do ano, cadrando despois da época das compras do Nadal e das rebaixas, e antes da afluencia turística do verán.
Desde o Concello valórase conveniente que sexa incluído o sector hostaleiro en próximas campañas.