A PRAZA DO CORGO ACOLLERÁ HOXE LUNS UNHA CONCENTRACIÓN EN REPULSA POLO ASASINATO DE SAMUEL
Fecha: 2021-07-05
O acto terá lugar ás 20.00 h simultaneamente en máis de medio cento de concellos galegos e noutras vilas e cidades de España.
Samuel Luiz, de 24 anos, faleceu na madrugada do pasado sábado na Coruña a consecuencia das feridas provocadas por unha brutal malleira que lle deu un grupo de persoas pola súa orientación sexual.
