ÚLTIMA SEMANA PARA TROCAR OS BONOS MERCANOGROVE
Fecha: 2021-07-05
O Concello do Grove lembra que o vindeiro sábado 10 de xullo é o último día para poder trocar os bonos da campaña Mercanogrove no comercio local, xa que a partir da semana que vén non se poderán usar estes bonos. Así pois, anímase a toda a veciñanza que dispoña de bonos Mercanogrove a que os cambie esta última semana.
A campaña Mercanogrove pechará con 65 comercios adheridos, que puideron beneficiarse con máis de 46.530 € mobilizados na compra de bonos. Porén, quedarían por trocar aínda 2.830 € en bonos, coa previsión de que se troquen estes últimos días.