AVISO DE CORTE NA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA EN BALEA MARÍTIMA E SAN VICENTE DO MAR
Fecha: 2021-07-08
Co fin de efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, o próximo día 10 de xullo de 2021, de 6.00 a 8.00 horas a distribuidora de electricidade UDF (Grupo Naturgy) vai deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade nalgunhas zonas das urbanizacións Balea Marítima, Montemar e San Vicente do Mar durante ese intervalo de tempo.
Desculpen as posibles molestias ocasionadas.
Se desexa calquera aclaración ao respecto, pode poñerse en contacto coa empresa distribuidora encargada das obras a través do seu teléfono: 900 333 999.