A XUNTA ANUNCIA QUE O CONCELLO DO GROVE SE ELEVA A NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS
Fecha: 2021-07-21
NOVAS MEDIDAS:
HOSTALERÍA
Peche do lecer nocturno
Capacidade: 30% no interior e 50% no exterior
Para acceder ao interior será necesario acreditar o certificado de vacinación Covid-19 completa, unha proba PCR ou de antíxenos negativa das últimas 72 horas ou demostrar que ter pasado a infección. Os menores de 12 estarán exentos destes requisitos.
REUNIÓNS
Prohibidas as xuntanzas de NON CONVIVENTES entre a 1.00 e as 6.00 horas da madrugada
Prohibidas as xuntanzas de 6 persoas NON CONVIVENTES no interior e 10 no exterior ou de máis de dúas unidades de CONVIVENTES en ambos os casos
NON HABERÁ PECHE PERIMETRAL (en ningún concello de Galicia)
A Xunta pedirá autorización ao TSXG para adoptar estas restricións a partir das 00.00 h deste sábado, 24 de xullo.