AVISO: CRIBADO COVID NO GROVE PARA A POBOACIÓN DE 16 A 35 ANOS
Fecha: 2021-07-21
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fará unha cribaxe gratuíta para detectar posibles positivos de coronavirus entre a poboación de entre 16 e 35 anos, tanto a residente no Grove como a que está aquí por turismo.
A proba farase o vindeiro luns 26 de xullo, de 9.00 a 20.30 h, no pavillón de deportes vello do Monte da Vila. Consistirá nun test de antíxenos e os resultados xa se darán o mesmo día.
Para facela tan só é preciso inscribirse previamente na seguinte páxina web: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/
O día antes, o Sergas enviaralle a cada persoa anotada unha SMS ao seu móbil coa hora exacta na que deberá acudir ao pavillón.
Dada a actual situación delicada que estamos a vivir no Grove por causa da pandemia, desde o Concello anímase a toda a mocidade que estea entre esa franxa de idade, tanto veciña como visitante, a que faga esta proba gratuíta e indolora, pois cómpre a colaboración de todas e todos para vencer o virus.