APRAZADO O CONCERTO DE BUDIÑO DO DÍA 25
Fecha: 2021-07-22
Despois de avaliar as condicións climáticas previstas para o domingo 25, pero sobre todo por mor da situación actual de contaxios na nosa vila, o Concello do Grove decidiu adiar o concerto de Budiño previsto para este domingo 25 de xullo, co fin de evitar calquera risco, tanto para a poboación como para o propio grupo, ao se tratar dun evento de gran magnitude.
En canto teñamos fixada a nova data de actuación, informaremos puntualmente.
Desculpen as molestias.