Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AVISO: NOVO PUNTO ADMINISTRATIVO COVID DO SERGAS NA CASA DO CONCELLO DO GROVE

Fecha: 2021-08-02

Desde hoxe e durante todo o mes de agosto, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) pon á disposición da cidadanía un novo punto de atención administrativa para todo o relacionado coa Covid-19: alta e activación da Chave365, solicitude de copia de certificados de vacinación etc.

 

Este servizo está situado na Sala das Cunchas, na planta baixa da Casa do Concello do Grove (praza do Corgo, 1), e o seu horario será de luns a venres de 9.00 a 21.00 h e os sábados de 9.00 a 13.00 h.

 

Así pois, para calquera dos trámites administrativos do Sergas relacionados co coronavirus deberase acudir a este servizo que xa está en funcionamento na Casa do Concello e non ao centro de saúde do Monte da Vila.