Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AVISO: XA ESTÁ DISPOÑIBLE O ACCESO Á CHAVE365 NO PUNTO INFORMATIVO SERGAS DA CASA DO CONCELLO

Fecha: 2021-08-04

 

Desde esta mañá xa se pode solicitar a Chave365 no punto administrativo Covid-19 situado na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

 

Malia que este servizo está a funcionar desde o pasado luns, o Sergas acaba de comunicar que xa se solucionaron os problemas técnicos que impedían dar de alta a cidadanía neste sistema.

 

Lembramos que o punto informativo Covid-19 do Sergas na Casa do Concello estará aberto durante este mes de agosto de luns a venres, de 9.00 a 21.00 h, e tamén os sábados de 9.00 a 13.00 h.

 

Ademais de facilitar o acceso á Chave365, nel poderase solicitar a alta na plataforma É-Saúde e obter o certificado de vacinación Covid.