O CONCELLO DO GROVE INICIOU ESTE MÉRCORES NOVOS TRABALLOS DE LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO DO ESPAZO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DE PUNTA MOREIRAS
Fecha: 2021-08-05
Logo dos traballos de roza e acondicionamento realizados no mes de marzo en Punta Moreiras, era necesario levar a cabo unha nova actuación neste espazo. Así pois, a través da Concellería de Cultura foron contratados traballadores do Centro de Emprego BATA, quen se encargaron de rozar e limpar esta importante contorna co fin de seguir mantendo en condicións óptimas os itinerarios de gran valor natural, paisaxístico, etnográfico e cultural que alí se atopan para o desfrute de toda a poboación.
Os labores de posta a punto avanzaron a moi bo ritmo, polo que este espectacular espazo xa ofrece óptimas condicións para ser visitado e poder desenvolver nel actividades de sendeirismo ou de lecer dunha forma segura e sen riscos.