Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

UTILIZACIÓN AXEITADA DO PUNTO LIMPO E HORARIO DO LIXO

Fecha: 2021-08-06

O Concello do Grove apela ao civismo da cidadanía e solicita a súa colaboración á hora de utilizar os colectores.

Desde o Concello lémbrase que, segundo a Ordenanza de limpeza e medio ambiente, "queda terminantemente prohibido depositar lixo fóra dos contedores e, deixar mobles, electrodomésticos, colchóns, voluminosos... na vía pública". De igual maneira, cómpre subliñar que existe un horario para botar o lixo: entre as 20.00 e as 23.00 horas no inverno e de 21.00 a 23.00 horas no verán, polo que fóra dese horario se está a incumprir a normativa municipal e a producirlle prexuízos innecesarios a toda a veciñanza da zona en cuestión.

O día 29 de xullo foron denunciadas tres persoas na Illa da Toxa por deixaren lixo na vía pública. Esta acción está sancionada cunha multa de 300 euros. O feito de deixar bolsas con lixo fóra dos colectores pode atraer animais non desexados, afecta a saúde pública e favorece a dispersión nas nosas rúas de elementos relacionados coa Covid-19, como as máscaras usadas, o que é susceptible de comportar graves problemas tanto para residentes como para visitantes.

Por outra banda, tamén é preciso recordar que calquera tipo de residuo voluminoso hai que depositalo no Punto Limpo que se atopa na Zapateira ou chamar ao número de teléfono 900 720 190 para solicitar unha recollida a domicilio totalmente gratuíta. No caso do Punto Limpo, o horario é de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Unha vez máis, apelamos á concienciación cidadá para que se depositen os residuos no seus colectores correspondentes co fin de dar unha imaxe adecuada do noso lugar de residencia e de procurar a saúde da cidadanía que aquí vive. Por iso agradecemos a colaboración para manter en perfectas condicións de salubridade a nosa contorna.