Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONTINÚA ESTA SEMANA CON NOVAS PROPOSTAS DO VERÁN CULTURAL

Fecha: 2021-08-24

O Concello do Grove, dentro do programa Verán Cultural, continúa unha semana máis con novas propostas dirixidas a todos os públicos.

 

O programa dará comezo o martes 24 de agosto co obradoiro “Ciencia divertida”, do Programa Ler Conta Moito. Obradoiro creativo para facer sinxelos experimentos: Gusanos bailaríns, letras de cristal, arco iris líquido, globos máxicos... A ciencia é divertida. Desenvolverase na Axencia de Lectura de San Vicente a partir das 11.30 h. As prazas son limitadas polo que será necesaria inscrición previa.

O mesmo martes, a partir das 20.30h na Praza do Corgo, desenvolverase a Noite de Serenatas organizada pola Asociación cultural e Musical Os Firrás coa colaboración do Concello do Grove e que contará,  ademais da actuación da propia agrupación, coa intervención da Banda do Sequío.

O mércores 25 de agosto será a quenda do Cinema de Verán.  A partir das 22:00 h proxectarase na Rúa Castelao La Boda de Rosa. Comedia, recomendada para todos os públicos,  dirixida por Icíar Bollaín con Candela Peña, Sergi López, Nathalie Poza, Paula Usero, Ramón Barea, Xavo Giménez, María Maroto, Eric Francés, Lucía Poveda, María José Hipólito.

O xoves 26 de agosto, a partir das 22.00 h será a quenda do cinema en formato XXL no Campo das Festas de San Vicente. Proxectarase a película “La rebelión de los cuentos” que tivera que ser aprazada no mes de xullo polo mal tempo, dirixida a todos os públicos. Nomeada ao Óscar como Mellor Película de Animación e baseada nas historias do xenial Roald Dahl, propón unha revisión moderna e incorrecta de clásicos da literatura infantil. É unha a adaptación do best- seller de Roald Dahl, Revolting Rhymes, por parte dos produtores do Grúfalo e O Nadal do home Rama,  que recupera personaxes e relatos clásicos para darlles a volta e introducir xiros enxeñosos, sorpresivos e actuais. A adaptación no cinema respecta o espírito transgresor de Roald Dahl e aínda vai máis aló mesturando as historias entre si para facer unha de nova e trepidante.

Xa para rematar a semana ofrecerase un fin de verán musical: o sábado 28 a partir das 21.30 h terá lugar na Praza do Corgo unha nova sesión musical a cargo do Grupo Local Fla Meco e o domingo 29 a partir das 21.00 h na mesma praza será a quenda do grupo “Los Alcántara” versionando os temas máis coñecidos dos anos 60, 70 e 80.