O CONCELLO DO GROVE CONSOLIDA O PLAN REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Fecha: 2021-07-08
A Deputación de Pontevedra, grazas ao seu plan Revitaliza, que se iniciou no ano 2016 no Concello do Grove, financiou cun importe de 43.933,97 euros un proxecto baseado na compostaxe que lle se presentou ao ente pronvincial e que ascendía a 65.808,83 euros. Consistiu tal iniciativa na colocación de catro novos centros de compostaxe comunitaria (CCC) na avenida Tenente Domínguez, no lugar de Boibas, no paseo de Beiramar e en Ardia (lugar do Cavernal); así como os caixóns de estruturante e unha biotrituradora accionada con tractor.
Que a cidadanía deste concello achegue a fracción compostable dos seus residuos a estes centros ten vantaxes, como reducir gastos de transporte e tratamento tanto para a veciñanza como para o Concello.
Ao evitar o transporte en camións redúcese o uso de combustibles fósiles e coa súa posterior incineración cada cidadán do Grove axuda a reducir a pegada de carbono, axudando a diminuír os efectos do cambio climático (obxectivos da Axenda 2030), o que melloran a calidade do aire e converte a nosa vila nun lugar máis sostible.
A achega nestes centros de compostaxe comunitaria culmínase coa obtención dun compost ao dispor da cidadanía. Este compost engade nutrientes e microorganismos beneficiosos e reduce así o uso de fertilizantes químicos, retén a auga e mellora o crecemento das plantas das hortas, xardíns e testos deste municipio.