Inscrición para o Programa Madruga 2024-2025 (Actualizado con ADMITIDOS)
Fecha: 2024-09-09
O Concello do Grove anuncia a apertura do prazo de inscrición para o Programa Madruga do curso escolar 2024-2025. Este programa está dirixido ás familias que precisen un servizo de acollida temperá para os seus fillos no Colexio Valle Inclán.
Detalles do Programa:
- Custo: 30 €/mes. Aplicarase un desconto do 20% para familias numerosas, monoparentais, ou con máis dun fillo inscrito no programa.
- Documentación requirida: Libro de familia, título de familia numerosa (se corresponde), e calquera documentación acreditativa de incidencias familiares.
- Inscrición: As inscricións poden realizarse no Rexistro do Concello, en horario de 9:00 a 14:00, ou a través da sede electrónica.
- Prazo: Os nenos que non obteñan praza pasarán á lista de espera.
É importante lembrar que os/as asistentes con pagos pendentes de cursos anteriores non poderán inscribirse ata que se regularicen ditos pagos.
Data de publicación da lista de admitidos: Luns 9 de setembro na páxina web do Concello do Grove.
DESCARGA O Formulario de inscrición
PRAZO DO 4 AO 13 DE SEPTEMBRO