Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A I EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN E CULTURA MARÍTIMA “LUÍS REI”

Fecha: 2024-10-03

  • O premio está dotado con 1.500,00 euros e o  prazo para a presentación dos traballos remata o 15 de novembro de 2024

O Grove, 03/10/2024.- O Concello do Grove convoca a I Edición do Premio de Investigación e Cultura Marítima Luís Rei, que conta coa financiación do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. O premio está dotado con 1.500,00 euros.

O obxectivo desta convocatoria é honrar a Xosé Luís Rei Núñez, recoñecido polo seu compromiso cívico coa vila que o veu nacer e con Galicia toda, polas importantes iniciativas culturais que desenvolveu no Salnés, polas variadas investigacións socioculturais que realizou vinculadas ao Concello do Grove, por ser unha das máximas autoridades nas figuras relevantes do poeta Ramón Cabanillas e do agrarista Basilio Álvarez e por ser isto fundamental do movemento de recuperación e socialización do patrimonio marítimo galego e das súas embarcacións tradicionais.

Poderá concorrer a este premio calquera persoa física que presente un traballo, en galego, vinculado co patrimonio e a cultura marítima e fluvial e/ou a súa recuperación ou vinculado coa Historia e Cultura de O Grove e O Salnés. Os textos presentados, amais de seren inéditos e totalmente orixinais, non poderán ter sido publicados, ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico.

As bases, que xa se poden consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións,  na sede electrónica  e na páxina Web do Concello do Grove, establecen o prazo límite de presentación dos traballos o 15 de novembro. Os textos presentados han ter unha extensión mínima de setenta e cinto (75) páxinas e unha extensión máxima de cento cincuenta (150) páxinas, tamaño folio DIN A4, con tipografía Arial de 12 puntos, espazo entre liñas de 1,5 (espazo e medio) e follas paxinadas.

O xurado, cuxos membros serán dados a coñecer antes da concesión do premio, estará composto por cinco especialistas ou persoas de recoñecido prestixio relacionadas co mundo da cultura marítima galega e/ou historiadores e coñecedores da historia e cultura do Grove e o Salnés. Nesta primeira edición catro desas persoas serán nomeadas polo Concellodo Grove, outra representará a Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial). O premio único outorgarase por maioría simple de votos.


cartel