Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Alzhéimer de Preto no Grove: Formación e Apoio para Coidadores e Familias

Fecha: 2024-11-07

O mércores 20 de novembro de 10-14h., AFASAL (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias do Salnés)vai impartirno Edificio do Concello do Grove- Sala das Cunchas (Praza do Corgo, 1)unha sesión formativa sobre Alzheimer e outras demencias, dirixida principalmente a coidadores/as de persoas cunha demencia neurodexenerativa, pero tamén a persoas diagnosticadas en fase moi temperá así como a calquera persoa interesada na temática.As demencias teñen unha alta prevalencia (estímase que afectan ao 31,25% das persoas que superan os 85 anos), especialmente en Galicia, cunha poboación altamente envellecida. Ademais, o contexto rural experimenta un fenómeno de sobre envellecemento ao que se lle engade unha escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Esta realidade non só afecta á persoa que padece a enfermidade, senón tamén a todo o núcleo familiar. Por este motivo ponse a disposición das persoas afectadas esta formación gratuíta, que será impartida por unha psicólogae unha traballadora social especializadas na temática. O obxectivo é formar, orientar e axudar a persoas que se atopen nesta situación, achegando coñecementos e recursos para poder afrontar mellor a enfermidade e mellorar a calidade de vida da persoa con demencia e da súa familia

Descargar Diptico

Descargar Cartel