Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove celebra “Abril: libros, contos e teatro” con diversas actividades

Fecha: 2025-03-28

Grove, 28 de marzo de 2025.- O Concello do Grove organizou unha completa programación cultural “Abril: libros, contos e teatro” para celebrar o mes do libro e a lectura.

Actividades na Rede de Bibliotecas

O 4 de abril, ás 17.30 horas comezará a programación na biblioteca municipal do Grove co espectáculo de narración e monicreques “Os descontacontos” a cargo de Galitoon e dirixido á rapazada a partir de 3 anos. Un espectáculo para homenaxear a todos os avós e avoas que nos contaban os contos..., pero, e se este avó ,D. Carmelo, comeza a contar os contos polo final ou non se lembra deles e cada vez que intenta contar un, esquécese do argumento e inventa e argalla personaxes estrañas e cousas inverosímiles... ?, pois menos mal que temos a Rús, o seu inseparable canciño que  coa inestimable axuda do público, conseguirá rematar o conto como é debido.

Xa o 25de abril ás 17.30 h,  terá lugar na biblioteca municipal do Grove o espectáculo de narración oral “Cabicivai”a cargo de Pablísimo e dirixido á rapazada a partir de 4 anos. Cabicivai é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!!.

Estas dúas actividades infantís contan coa colaboración do Programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.  Para participar nelas é indispensable inscrición previa nas bibliotecas, no tfno.986 732 341, no e-mail biblioteca@concellodogrove.es ou nas Redes Sociais.

O mesmo 25 deabril, ás 19.30 h, ofrecerase na biblioteca municipal “Viciou houbo sempre”,espectáculo de narración oral dirixido a público adulto a cargo da grovense Atenea García.Unha divertida e fresca proposta onde se presentan historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade.

Presentación de “Entre o mar e a terra. Unha historia das xentes do Grove”

O 4 de abril, ás 20.00 h, a Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey” acollerá a presentación do libro “Entre o mar e aterra. Unha historia das xentes do Grove” do grovense Bruno Padín Portela, editado polo Concello do Grove co patrocinio do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

Bruno Padín Portela, doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou diversos traballos nas revistas especializadas nos temas de historiografía española  e é autor de “La traición en la historia de España” (Akal, 2019).

O autor estará arroupado neste acto por Jose Carlos Bermejo Carrera, catedrático emérito da Universidade de Compostela, que desenvolveu o seu labor nos campos da historia das relixións antigas, afilosofía da historia e a crítica económica e política dos sistemas universitarios así como unha intensa actividade na prensa diaria nos últimos doce anos, nos campos da cultura e a educación superior. É, ademais, autor de máis de 30 libros.

Así mesmo tamén acompañarán a Bruno Padíno alcalde do Grove, Jose Cacabelos,  e a Concelleira de Cultura, Pilar Galiñanes.

O acto estará amenizado con música a cargo do alumnado da Escola de Música

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Durante o mes de abril continuará a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, financiada pola Xunta deGalicia.

O 5 de abril, a partir das 19.00 h, o Auditorio do Grove acollerá a representación do espectáculo ‘Iribarne”, unha comedia irreverente esatírica que explora a figura de Manuel Fraga Iribarne.

A obra percorre máis de seis décadas da historia política española, desde o franquismo ata a democracia, utilizando a Fraga como fío condutor para reflexionar sobre a Transición, o poder e a identidade nacional.

Está estruturada en tres actos que abordan distintas etapas: o franquismo, cun ton burlón e paródico; a Transición, onde se adopta un estilo de cabaret político máis corrosivo; e a democracia, cun enfoque xornalístico que mestura información e opinión, centrándose na hexemonía de Fraga en Galicia. Ao longo de tres horas, a montaxe combina humor, sátira e crítica social, interpelando directamente ao público como "o pobo" e buscando provocar diálogo ou controversia.

As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o venres 4 de abril ou no propio Auditorio do Grove o sábado 5 de abril, de 18.00 a 19.00 h.

Sobes ao autobús do teatro? A burra, a mesa e o pau

O programa de mobilidade do Centro dramático Galego “Sobes ao autobús do Teatro?” regresa ao Grove o venres 11 de abril

 O Concello do Grove participa de novo nesta iniciativa cultural. As persoas interesadas poderán viaxar a Santiago de Compostela para disfrutar da obra “A burra, a mesa e o pau”.

Este programa de mobilidade teatral ofrece transporte en autobús desde O Concello do Grove para asistir á función no Centro Dramático Galego. A entrada ao espectáculo ten un prezo simbólico de 5,00 €. O autobús sairá da Praza do Corgo o venres 11 de abril ás 15.15 h para asistir á función que dará comezo ás18.00 h. A hora de volta tras a función será as 20.00 h desde Santiago.

Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse na Biblioteca Municipal do Grove. Para máis información, poden chamar ao teléfono 986 732 341.

Moby Dick. Introdución ao teatro para escolares

O mércores 23 de abril, a partir das 11.30 h, representarase no Auditorio do Grove “Moby Dick” a cargo de Pedras de Cartón, dirixida ao alumnado de Educación Primaria dos centros educativos e que ten como obxectivo o achegamento do teatro e o auditorio á rapazada da vila.

Moby Dick é un espectáculo de Pedras de Cartón creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo artista Iker Pérez. Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun barco no que viviráunha chea de perigosas aventuras

Grazas á colaboración do Concello cos centros educativos de ensinanza do Grove, achegarase ao Auditorio o alumnado de Educación Primaria para asistir á representación desta peza teatral.


Cartel


Convite


Cartel iribarne


Cartel Cabicivai


Cartel vicio