Apertura de prazas na Escola de Música Municipal para o curso 2025/2026
Fecha: 2025-09-24
O Concello do Grove informa da apertura de prazas na Escola de Música Municipal Pepe Silva para o curso 2025/2026, que comezará o mércores 1 de outubro.
Instrumentos e prazas dispoñibles:
Piano (2), Guitarra (2), Saxofón (1), Canto (1), Violonchelo (1), Violín (1), Bombardino (1), Frauta (1), Clarinete (1), Trombón (1), Trompa (1), Trompeta (1), Música e movemento (2), Estimulación musical (1).
Alumnado prematriculado:
Todo o alumnado que presentou a súa solicitude de prematrícula no mes de xuño está admitido e continuará na Escola de Música nos mesmos instrumentos cursados durante o curso 2024/2025.
Inscricións para novas prazas:
No Rexistro do Concello, no Edificio Administrativo (Rúa Alcalde Xacobe Barral, 3), en horario de 9.00 a 14.00 h.
A través da sede electrónica municipal: https://concellodogrove.sedelectronica.gal/
O prazo de inscrición comeza o 26 Setembro e manterase aberto sen data de peche. As solicitudes cubriranse por orde de entrada no Rexistro; as persoas que queden sen praza pasarán a unha lista de agarda. As clases comezarán o día 1 de Outubro
Os impresos están dispoñibles na páxina web municipal www.concellodogrove.es e tamén en formato papel na planta baixa do Edificio Administrativo.
A Dirección da Escola de Música Municipal contactará coas familias para organizar os horarios correspondentes.
Descarga o formulario