Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

CURSOS DE INGLÉS E ATENCIÓN AO CLIENTE EN HOSTALARÍA

Fecha: 2025-10-24


  O Programa Talento Xove 2025 chega ao Concello do Grove co obxectivo de mellorar as oportunidades laborais da mocidade que actualmente non está ocupada nin integrada en sistemas de educación ou formación.

A iniciativa, promovida pola Fundación Impulsarse xunto coa Cámara de Comercio e coa colaboración do Concello do Grove, aposta pola orientación vocacional, a formación especializada e o achegamento ao mundo laboral como ferramentas clave para impulsar o futuro profesional das persoas participantes.

  Talento Xove 2025 articúlase en itinerarios personalizados que combinan orientación individual, formación en competencias clave e accións de contacto directo co mercado laboral.  O obxectivo é facilitar a inserción laboral da mocidade en sectores emerxentes e con alta demanda, especialmente no ámbito da dixitalización, o comercio, o turismo e a industria creativa, garantindo así igualdade de oportunidades e impacto real no territorio.

  O programa ofrece formación totalmente gratuíta, orientación laboral personalizada e conta cun incentivo económico para as persoas que completen a formación. Está dirixido á mocidade de 16 a 30 anos, desempregados/as e persoas inscritas na Garantía Xuvenil.

As accións formativas que se impartirán no Grove serán:

? Inglés – 60h presenciais

? Atención ao cliente en hostalaría – 60h presenciais

 As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse a través de:

- Oficina Municipal de Información xuvenil sita na Casa do Concello, 2º anda. Teléfono 886214933-986730609,  correoelectrónico omix@concellodogrove.es.            -Contacto do programa: 698185128 (Pilar ou Inma)


A inscrición está aberta ata o 3 de novembro. O día 4 terá lugar unha xornada de presentación da formación, que será durante os meses de novembro e decembro.

Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e xestionado pola Cámara de Comercio de España, xunto coas Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.