Programación do Concello do Grove con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Fecha: 2025-11-24
Programación con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello do Grove.
O día 25 de novembro, as 20:00 da tarde, na Galería Besada, levarase a cabo a lectura dun manifesto de reixetamento contra a Violencia de Xénero polo Consello Local de Igualdade, acompañado dun Recital de Poemas, por Queco Fresco e Maricarmen Cacabelos e unha actuación musical a cargo de integrantes da Escola de Música Municipal de O Grove. A continuación, procederase a inauguración da exposición de fotografía do alumnado do bachillerato artístico do I.E.S Monte da Vila.
Entre o 26 de novembro e o 17 de decembro, os mércores pola tarde, en horario de 18:00 a 19:30, Baia Fernández, impartirá os Obradoiros: “A rabia,cómo facer que sentila non me magoe”.
O 27 de novembro, Fademur, organiza unha Mesa Redonda, no marco do convenio “Aliadas Sororas” co apoio da Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero. Na mesma participarán representantes do Centro de Información a Muller do Concello do Grove, responsables da Garda Civil, a xefa da Unidade Provincial de Loita contra a Violencia de xénero da Subdelegación Provincial de Pontevedra e representantes de FADEMUR Galicia.
O 30 de novembro, as 11:00 da mañá, dará comenzo a Andaina contra a Violencia de Xénero, co seguinte percorrido: saída desde o Concello.
O 13 de decembro, de 10:00 a 14:00, na Sala das Cunchas, impartirase un Obradoiro de “Autodefensa Feminista”, por Cristy Tojo. No Obradoiro vanse desenvolver estratexias de vida; resaltaranse as fortalezas e canalizaranse os medos e a inseguridade a través dunha pedagoxía lúdica. Dende descubrir cómo se expresa o corpo, a importancia de poñer límites, ata técnicas de artes marciais que poden axudar a ter máis seguridade na nosa vida cotiá.
Durante os meses de novembro e decembro, nos centros educativos de secundaria do Concello de O Grove, levaranse a cabo, charlas impartidas polo CIM de O Grove e pola Asociación Esmar. A responsable do Centro de Información á Muller, falará sobre o funcionamento e os recursos do CIM e integrantes da Asociación Esmar sobre a Violencia de Xénero.

