O CONCELLO DO GROVE ORGANIZA UN COMPLETO PROGRAMA CULTURAL PARA O MES DE DECEMBRO
Fecha: 2025-11-27
O Grove, 27/11/2025.-O Concello do Grove ofrecerá durante o mes de decembro un completo programa cultural con diversas actividades para diferentes idades.
Ilusiónate. 5 de decembro, 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove
Espectáculo de maxia e ilusionismo dirixido a público infantil e familiar. É necesaria inscrición previa.
Un espectáculo para desfrute de toda a familia con números sorprendentes, humor e a participación de grandes e pequenos garantida en todo momento.
Go on!. 14 de decembro, 19.30 h no Auditorio do Grove
Espectáculo teatral de comedia dirixo a público xuvenil e adulto.
O 14 de decembro chega ao Auditorio do Grove a obra “Goon!” a cargo de Malasombra Produccións, dentro da programación do 2º semestre da RGTA.
Espectáculo de Jose Luis Prieto producido por Malasombraproducións e protagonizado por Xoque Carbajal e Jouse García.
Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home aGalicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea. Go on! defínese como unha odisea cómica no espazo galego
As entradas terán un custe de 8,00 €e poderanse adquirir na Biblioteca Municipal do Grove o 12 de decembro, de 10.00 a 13.30 h, e no propio Auditorio o 14 de decembro, de 18.30 a 19.30 h.
Adeus vista dos meus ollos! con Marisa Moreda. 19 de decembro, 19.30 h na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”. Entrada libre
Documental, dirixido pola profesora Marisa Moreda, que nace co obxectivo de dar voz e visibilizar as historias e vivencias das crianzas que migran, que traen na súas retinas eses apegos que un día tan ben retratou Rosalía de Castro, eses “adeus” ás amigas,ás profesoras, ás familiares, ás paisaxes, aos fogares… e tamén ese “non seicando nos veremos” que alude á viaxe incerta que emprenden e a esperanza de regresar.
Despois da proxección do documental, intervirán Marisa e algún dos protagonistas do vídeo e abriraseu n debate co público asistente.
Camiños da Ciencia a cargo de Ceo aberto. 22 de decembro, 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove.
O 22 de decembro “Ceo aberto” desenvolverá na BibliotecaMunicipal do Grove un Escape Room científico para a rapazada a partir de 8 anos.
Para participar, é necesaria inscrición previa.
Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo a cargo de Trinketrinke Teatro. 23 de decembro, 17.30h na Biblioteca Municipal do Grove
Espectáculo que combina contos, teatro e música dirixido á rapazada a partir de 4 anos. É necesaria inscrición previa
Os Ratos de Lonxedetodo levan 32 anos visitando as bibliotecas de Galicia. No 2024 publicaron o álbum ilustrado musical "Viaxes e Cancións dos Ratos de Lonxedetodo", que o pasado Nadal xase situou como o conto mais vendido nalgunhas librarías galegas. Para presentalo, o rato Fuco traeranos en directo as cancións do álbum e como sempre, ademais do propio, os seus contos favoritos.
A Maxia do Nadal a cargo do Mago Paco. 26 de decembro, 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove
Espectáculo de maxia dirixido a público familia rfinanciado polo Programa + Escénicas 2025 da Deputación de Pontevedra. É necesaria inscrición previa.
Cheganos días mais máxicos do ano! Achégate e divírtete coma nunca, nun espectáculo pensado para toda a familia onde poderás ver en vivo e en directo a maxia do Nadal. Aparicións imposibles, desaparicións e moitas risas farán deste espectáculo o mellor agasallo para esta época do ano.
Concerto Fin de Ano. 27 de decembro no Auditorio do Grove
O 27 de decembro ofrecerase no auditorio do Grove unhanova edición do concerto de Nadal organizado pola Asociación Musical do Grove coa colaboración do Concello.
Este ano contará con dous pases: primeiro pase ás 18.00 he segundo pase ás 20.30 h.
As entradas poderanse retirar en diferentes establecementos da vila que se anunciarán coa suficiente antelación.
O arquivo do chibo a cargo de Pablísimo. 29 de decembro, 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove.
Espectáculo que combina contos, teatro e cantigas dirixido á rapazada a partir de 4 anos. É necesaria inscrició nprevia.
“Hai quen conta ovellas para durmir...eu conto chibos”... Trátase dunh afabulación libre ao redor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo.
Este espectáculo afondará nos Arquivos do Chibo, atopando cantigas de lobos esfameados, fábulasde carneiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos serven de viñetas para contar a xeito de banda deseñada este clásico actualizado, empregando monicreques, xoguetes, sombra e moita moita cachifallada.
Meco e sono a cargo de Xarope Tulú. 30 de decembro, 17.30 h na Biblioteca Municipal do Grove
Espectáculo de narración oral e bonecos dirixido á rapazada de 2 a 4 anos e financiado polo Programa + Escénicas 2025 da Deputación de Pontevedra. É necesaria inscrición previa.
A experiencia en escena e narración da compañía Xarope Tulú xúntase á dramaturxia e ao son e voz en directo da escritora e xornalista radiofónica Xiana Arias. O resultado é unha sensorial, coidada e novidosa proposta para crianzas de 2 a 4 anos.
Con Meco e Sono, entre outras cousas as, familias e as máis pequenas poderán escoitar e aprender cancións de arrolo en galego, normalizando así o uso da lingua no ámbito familiar e en situacións tan cotiás como o momento de ir durmir.
