Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE INICIA A PROGRAMACIÓN DE NADAL O 6 DE DECEMBRO CO ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL

Fecha: 2025-12-04

O Grove, 04/12/2025.- O Concello do Grove dará inicio á programación de Nadal co acendido das luces de Nadal o sábado 6 de decembro, ás 19.30 h, na Rúa Castelao. Esta programación conta co financiamento do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.

 Debido ás previsións de mal tempo, e co fin de non demorar máis o acendido,  este ano non se contará con actuación musical pero, despois do acendido das luces de Nadal, O Concello do Grove ofrece unha atractiva programación de actividades para celebrar estas festas.

Festival de Panxoliñas

O 17 de decembro, a partir das 11.30 h,  desenvolverase no Auditorio do Grove un Festival de Panxoliñas a cargo da Escola de Música “José Silva Torres” do Concello do Grove e dos Centros Educativos de Educación Infantil e Primaria da vila.

Neste festival participarán cinco coros infantís:  un coro por cada centro educativo e un coro pola Escola de Música “José Silva Torres”.

Aldea do Apalpador

O Concello do Grove organiza, un ano máis,  a Aldea do Apalpador, a cargo da A.C. Enxebre, os días 19, 20 e 21 de decembro en horario de 17.00 a 20.00 h.

Este ano A aldea estará emprazada na Praza de Arriba

Festival de Nadal da Asociación cultural Cantodorxo

O 21 de decembro, a partir das 19.00, a Asociación Cultural Cantodorxo, coa colaboración do Concello do Grove, ofrecerá o seu tradicional Festival de Nadal da Escola de Baile no Auditorio do Grove. A entrada é libre ata completar aforo.

Concerto audición da Escola de Música José Silva Torres”

O 23 de decembro, ás 18.30 h, terá lugar no Auditorio do Grove a Audición de Nadal da Escola de Música “José Silva Torres” coa participación do seu alumnado e profesorado. A entrada é libre ata completar aforo.

Cabalgata do Papá de Nadal

O 24 de decembro O Papá do Nadal visitará O Grove para saudar a toda a rapazada.

A cabalgata do Papá do Nadal saíra ás 19:00 h desde a Rúa Castelao, percorrendo as rúas Castelao, da Praza, Beiramar, Luís Casais e Castelao.

Carteiro Real

Os carteiros reais visitarán O Grove os días 2 e 3de xaneiro para recoller as cartas da rapazada da vila e ofrecerlles un pequeno agasallo.

O día 2 o Carteiro Real, coa axuda da Asociación Roza do Pedrol,  visitará a Casa da Cultura “Ángel Vázquez Hereder” a partir das 16.30 h

O día 3, o Carteiro Real visitará a Casa do Concello a partir das 16.30 h.

Gran Cabalgata dos Reis Magos

O día 5 de xaneiro os Reis Magos chegarán ao Grove.A cabalgata sairá ás 18:00 h desde o colexio Valle-Inclán, percorrendo diferentes rúas da vila ata a Praza do Corgo, onde ofrecerán o seu tradicional saúdo á vila do Grove e a recepción das Súas Maxestades de Oriente para toda a rapazada.


cartel