Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello do Grove continúa coa programación do Verán Cultural 2026

O Grove, 21 de xullo de 2026.- O Concello do Grove continúa coa programación do Verán Cultural 2026

Actividades infantís

O martes 21 de xullo ofrécese o espectáculo de narración oral e monicreques “Cocer e cantar” a cargo de Marionetas Seisdedos.

O mércores 22 de xullo, a partir das 20.00 h, a Praza do Corgo acollerá o espectáculo “Karaoke deportivo dos Bolechas” dirixido a público familiar e infantil a partir de 3 anos. Trátase dunha actividade para o tempo de verán do programa FalaRedes da Secretaría Xeral da Lingua en colaboración co Concello do Grove.

Moreiras en acústico

O xoves 23 de xullo, a partir das 21.00 h, achegarase a Moreiras a música tradicional galega das cantareiras da man do grupo local Cinco en Zocas.

Día da Patria Galega

O 25 de xullo, Día de Galicia, celebrarase co concerto de Ensemble Groba, formación de cámara que interpretarán sobre o escenario do Auditorio do Grove obras compostas por compositores galegos, principalmente de Rogelio Groba, de Juan Montes e Andrés Gaos.

O concerto, enmarcado no ciclo Máis Música 2026 da Deputación de Pontevedra, comezará ás 21.00 h no Auditorio do Grove.

Para asistir será necesario recoller convites na Biblioteca Municipal do Grove e na oficina deTurismo entre o 20 e o 24 de xullo.

cocer e cantar
Bolechas
Cinco en Zocas
ensemble Groba

Todas as novas