Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS

Fecha: 2026-09-22

O Grove, 22/09/2026.- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, coa colaboración do Concello do Grove, vai realizar no mes de novembro un curso dirixido a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e  a cultura galegas nun nivel inicial.

Trátase dun curso presencial, de 20 horas, cos que se pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade, dirixíndose particularmente aos novos galegos e galegas provenientes do exterior.

Este curso ten un dobre obxectivo: fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva das persoas participantes, dado que aprender o idioma do país de acollida é esencial para integrarse con éxito, así como aproveitar o enorme potencial que supón a chegada de persoas de fóra de Galicia como un xeito de incrementar o número de falantes da nosa lingua.

Perfil das persoas participantes:

O curso está dirixido a persoas  maiores de16 anos, ou que os fagan no ano 2026, que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida. Non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis.

O número máximo de persoas participantes será 20.

Lugar, datas e horarios de realización

O curso impartirase na modalidade presencial do 2 ao 16de novembro, de 17.00 a 19.00 h, na Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey.

O alumnado contará con material didáctico.

Inscricións

Para poder participar, será necesaria inscrición presencial na Biblioteca Municipal do Grove entre o 1 e o 15 de outubro, cubrindo unha ficha con todos os datos.

As prazas cubriranse por orde de solicitude.

Resumo sobre os contidos:

Ten unha duración de 20 horas repartidas en 5 unidades. Nelas vanse estudar nocións básicas de lingua galega xunto con outras de carácter cultural. Na parte de gramática hai unha introdución á fonética do galego, xunto coas distintas clases de palabras (artigos, pronomes persoais substantivos, adxectivos, verbos, adverbios, preposicións, conxuncións etc.),ortografía básica (uso de distintas grafías, regras de acentuación etc.) e outros recursos de utilidade para a comunicación na vida cotiá. Inclúense, así mesmo, contidos relacionados coa cultura e a historia de Galicia (gastronomía ,tradicións, festas, música etc.).

Obxectivos e/ou impacto esperado:

•   Introdución á lingua: familiarizarse coa fonética, o alfabeto e as regras básicas de pronunciación do galego.

•   Vocabulario esencial: aprender palabras e expresións cotiás (saúdos, presentacións, números, días da semana etc.).

•   Frases básicas: construír frases sinxelas para a comunicación en situacións comúns da vida cotiá.

•   Comprensión oral e escrita: desenvolver a capacidade de entender mensaxes básicas en textos e conversas sinxelas.

•   Interacción oral: practicar diálogos básicos.

•   Conciencia cultural: introducir aspectos culturais e lingüísticos que axuden a contextualizar o idioma.

A través desta formación, tamén se pretende:

•   Competencia comunicativa inicial: mellorar a capacidade para desenvolverse en interaccións sinxelas en galego.

•   Maior confianza: perder o medo a falar e a escribir en galego en contextos informais.

•   Sensibilización lingüística e cultural: fomentar a comprensión do valor e da presenza do galego en Galicia e noutras rexións.

•   Motivación para seguir aprendendo: incentivar o alumnado a profundar no estudo do idioma tras ocurso.

Contidos:

•    Nocións básicas de lingua galega (vocabulario, expresión oral e escrita).

•    Cultura e historia de Galicia (festas, tradicións, gastronomía, música, historia...).

•    Recursos prácticos para a comunicación no día a día.

Metodoloxía:

·       Enfoque comunicativo: aprendizaxe baseada en situacións reais de comunicación.

·       Aprendizaxe participativa: dinámicas grupais, xogos de rol e simulacións.

·       Material adaptado: uso de recursos accesibles e visuais, seguindo modelos da Xunta de Galicia.

·       Atención á diversidade: adaptación aos distintos niveis de alfabetización e coñecemento da lingua.


cartel