Axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade
Fecha: 2011-03-09
O departamento de Servizos Sociais municipal anuncia a convocatoria da Orde do 17 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade e se procede á súa convocatoria.(DOG n.º 40 do 28/02/2011).
As persoas solicitantes destas axudas terán que ter recoñecida a súa situación de dependencia en grao III ou II, ou ter solicitado o recoñecemento antes do 28/02/2011.
Obxecto:
Concesión de axudas individuais, de caracter non periódico, a persoas en situación de dependencia empadroadas en Galicia, co fin de colaborar en determinados gastos realizados no ano 2011, con efectos do 1 de xaneiro, destinados a:
- Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
- Adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda.
- Adquisición de próteses dentais e audífonos.
Incompatibilidade/compatibilidade:
· As axudas destinadas a persoas en situación de dependencia serán complementarias do catálogo de servizos e das prestacións económicas do Sistema para a Autonomía e atención á Dependencia( SAAD), serán subsidiarias e, se é o caso, complementarias da carteira de servizos comúns de análoga natureza e finalidade do Servizo Galego de Saúde ou doutras liñas de actuación similares.
Persoas beneficiarias:
1. Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis:
· Grao III, niveis 1 e 2.
· Grao II, nivel 1 e 2.
2. Persoas que teñan solicitado o recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta orde, sempre que lles sexa recoñecida en calquera dos graos e niveis anteriores.
Requisitos:
1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Que a axuda solicitada derive do grao e nivel de dependencia recoñecido.
3. Que a axuda solicitada non estea incluída no eido doutras liñas de protección social ou sanitaria, agás o disposto para as persoas en situación de dependenncia
4. Que a renda per cápita da unidade familiar da que forma parte non supere as seguintes cantidades(*):
· Ata o 175% do IPREM para o ano 2011, cando estea constituída por un só membro.
· Ata o 150% do IPREM cando a unidade familiar estea constituída por dous membros.
· Ata o 125% do IPREM, cando estea constituída por 3 ou máis membros.
(*)Non se terán en conta como ingresos os que poida percibir a persoa beneficiaria provenientes das prestacións económicas do sistema para a autonomía e atención á dependencia (SAAD), que teñan por finalidade a adquisición dun servizo ou coidados no contorno.
No caso de solicitantes de axuda destinada á adquisición de próteses dentais e audífonos, estas porcentaxes reduciranse ao 150, 125 e 100 %, respectivamente.
1. Non ter percibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin, solicitadas ao amparo das convocatorias referidas a esta orde, salvo que concorran as seguintes circunstancias:
· Que a adaptación ou axuda técnica solicitada sexa complementaria da anteriormente concedida, para os efectos de promover a autonomía persoal do solicitante.
· Que a adaptación ou axuda técnica solicitada sexa distinta das anteriormente concedidas e se deba a un agravamento da súa situación. Neste suposto, se a solicitude se debe a unha substitución da axuda técnica por agravamento da situación será necesario doar a axuda técnica/produto de apoio ao servizo de préstamos e axudas técnicas.
2. No caso de ter percibido axuda para distinto fin na convocatoria do ano anterior, deberá terse xustificado en tempo e forma.
3. Os establecidos con carácter xeral para obter a condición de beneficiario de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Lugar e prazo de presentación:
Servizos Sociais Comunitarios, ata o 26 de abril de 2011