Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da rede Galiña Azul da Xunta

Fecha: 2011-03-10

A Consellería de Traballo e Benestar acaba de abrir o prazo para solicitar unha praza nas escolas infantís integradas Rede Galiña Azul, entre as que se atopa a do noso concello, situada en Rons.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou onte os requisitos e procedementos para solicitar as prazas, tanto nas escolas dependentes da Consellería de Traballo e Benestar como nas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. As resolucións cos prazos, documentación exisida e lugares de presentación das instancias poden consultarse no propio centro (r/Rons, 43, tlf.: 986 732 270) ou nos seguintes enlaces:

 

Escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Escolas infantís 0-3 da Consellería de Traballo e Benestar