Obradoiro de Información Socio-laboral para Inmigrantes
Fecha: 2011-03-11
A Concellería de Servizos Sociais do Concello do Grove en colaboración coa Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa organiza un obradoiro con información socio-laboral para inmigrantes.
A duración do obradoiro será de 8 horas e realizarase o día 22 de marzo no edificio de usos múltiples, "Casa Azul", na r/Castelao, 173.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no mesmo edificio ou no teléfono 986 730 609.