Xornada:sobre Novas Oportunidades para a Diversificación Agrícola
Fecha: 2011-03-14
Organiza: Grupo de Desenvolvemento Rural O Salnés (GDR O Salnés)
Obxecto: Esta xornada, enmarcada no Proxecto de Cooperación "Novos Horizontes", preséntase como unha oportunidade para avanzar no coñecemento de novos cultivos e/ou aproveitamentos que están demostrando ter un crecente interese nos mercados. Concretamente, esta xornada xirará en torno a experiencias ligadas á produción de arándanos, plantas medicinais ou cogomelos, ademais de coñecer proxectos postos en marcha para a valorización de producións agrícolas e coa finalidade de estudar a adaptabilidade do trigo sarraceno ao norte peninsular.
Destinatarios:
Agricultores/as; cooperativas agrícolas; propietarios/as de terras; demandantes de emprego e demais persoas interesadas en coñecer novos cultivos que poidan supoñer unha oportunidade para a diversificación, así como coñecer algunhas experiencias xa postas en marcha; técnicos/as de grupos de desenvolvemento rutal, técnicos/as de oficinas agrarias comarcais, técnicos/as de organizacións agrarias.
Data: xoves, 17 de marzo de 2011
Horario:
De 10.30 a 14.00 h e
De 16.00 a 18.30 h
Lugar: Centro Comarcal do Salnés Exposalnés, paseo da Calzada, s/n, 36630 Cambados, Pontevedra
Máis información e inscricións:
GDR O SALNÉS
Mail: info@gdrosalnes.com
Tfnos. 986 744 909 / 650 255 914
Eenlaces:
http://www.gdrosalnes.com/inicio.php http://proyectonuevoshorizontes.blogspot.com/2011/03/i-jornada-nuevas-oportunidades-para-la.html