Programa Diúrno de Balnearios
Fecha: 2011-03-18
A Concellería de Igualdade e Benestar informa sobre o programa diúrno de balnearios que o Concello do Grove fai en colaboración coa Deputación Provincial. O programa divídese en dúas partes: programa de primavera-verán, que remata o prazo de inscrición o 1 de abril, e o programa de outono-inverno, que ten de prazos de inscrición do 2 ao 20 de xuño. É para pasar 5 días no balneario da Toxa.
As persoas destinatarias deberán ser maiores de 50 anos, pensionistas ou aquelas que, mediante un informe da traballadora social do Concello se estime conveniente, entendéndose como unha situación de respiro familiar.
Para maior información nos Servizos Sociais da Casa Azul.