Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo para o Programa Lecer e Benestar da Xunta de Galicia

Fecha: 2011-03-28

 

A  Conselleria de Traballo e Benestar, cumprindo o Plan Galego de Persoas maiores 2010-2013, convoca para o ano 2011, a través da Dirección Xeral de Dependencia e Autonomia Persoal, unha edición do programa Lecer e Benestar (antigo Turismo Social e Termal da Xunta).

 

Este ano ofértanse prazas:

1.      individuais

2.      para asociacións de persoas maiores e/ou persoas con discapacidade

 

1.      INDIVIDUAIS

Ofértanse  2.696 prazas  para solicitar de xeito individual, dirixidas a maiores de 65 anos ou de 60, se son pensionistas, e corresponden as seguintes modalidades:

  • Turismo termal (todo incluído): estadía de 12 días con aloxamento e manutención, tratamento termal e actividades de animación sociocultural.
  • Turismo só termal  (só o tratamento termal, 11 sesións, sen estancia no balneario).
  • Turismo de intercambio (todo incluído): estadías de 8 días con transporte, aloxamento, manutención e animación. En Esposende (Portugal).
  • Turismo de praia  (todo incluído): estadías de 8 días con aloxamento, manutención, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros. En Panxón (Residencia de tempo libre).

 

2.      ASOCIACIÓNS DE PERSOAS MAIORES E/OU PERSOAS CON DISCAPACIDADE                

Ofértanse  399 prazas que teñen unha duración de tres días e dúas noites. Están destinadas a asociacións de persoas maiores e/ou de persoas con discapacidade, coas opcións de balneario e de cámping. A súa tramitación farase a través das asociacións ou federacións de persoas maiores ou de persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación farase directamente desde a Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal.

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN:  ata o 15 de abril de 2011

 

Máis información e solicitudes: 

Servizos Sociais municipais e  http://traballoebenestar.xunta.es