Cobramento en período voluntario do padrón municipal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica de 2011 e do padrón de entrada de garaxes
Fecha: 2011-04-08
Logo de ser aprobado mediante unha resolución da Alcaldía do día 16 de marzo de 2011 o Padrón municipal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ao exercicio de 2011 e o de entrada de garaxes, expóñense ao público, para os efectos de exame e reclamacións, por un período de 15 días, que comezará a contarse a partir do día seguinte en que este anuncio sexa publicado no Boletín Oficial da Provincia.
De conformidade co previsto no artigo 12 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, regulador das facendas locais, comunícaselles aos/ás contribuíntes afectados/as que o período voluntario de cobranza dos mencionados padróns será do 15 de abril ao 15 de xuño, ambas as dúas datas incluídas, nas oficinas de Recadación en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva, ao abeiro do art. 102 da vixente Lei xeral tributaria.
O vencemento do prazo en período voluntario sen ter sido satisfeita a débeda determinará o comezo do procedemento de constrinximento, a percepción do recargo do 5, 10 ou 20% e os demais conceptos esixibles.
Contra o acto de aprobación do padrón poderá interporse un recurso de reposición ante o alcalde-presidente no prazo dun mes, que comezará a contarse desde o día seguinte ao do remate do período da súa exposición pública, de conformidade co previsto no artigo 14 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais.
O Grove, 16 de marzo do 2011
O alcalde
José Antonio Cacabelos Rico