Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O acuario do Grove reanuda as súas actividades

Fecha: 2011-04-19

Esta Semana Santa de 2011, e despois de varias semanas de duro traballo, o Acquarium do Grove, situado en Punta Moreiras, reabre as súas portas ao público despois dun breve período de peche das súas instalacións.

 

A empresa Bluedisplays, que proximamente levará o mantemento biolóxico do Acuario de Coruña, con máis de 12 anos de experiencia no sector dos acuarios, tomou as rendas do proxecto e espera que nun breve período de tempo este acuario volva ser un referente en divulgación, educación, conservación, recuperación e investigación.

 

Actualmente nas instalacións do acuario viven uns 1 000 exemplares dunhas 100 especies distintas. De entre todas elas poderiamos destacar un grande exemplar de quenlla touro, unha tartaruga boba, varias quenllas cazón, congros de máis de 2 metros de lonxitude, polbos, morenas, sepias, abadexos, grandes meros, e un longo etcétera.

A empresa Bluedisplays marcou un plan mestre de traballo a curto e medio prazo que lle permita a esta instalación, orgullo de Galicia, o que foi o primeiro acuario desta comunidade, continuar sendo un importante referente turístico.

 

Os principais obxectivos van ser facer do Acuario do Grove un centro referente na conservación e a recuperación das especies. Bluedisplays ten unha moi dilatada experiencia na xestión deste tipo de centros, e vai tratar de que este acuario se anexione aos programas de investigación e conservación que esta empresa mantén nalgúns dos seus centros. Por exemplo, actualmente mantén un convenio de colaboración co CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e coa Xunta de Andalucía, que lles permite o mantemento e a investigación, con 8 exemplares de tartarugas Caretta caretta. A súa intención é que o Aquarium do Grove poida colaborar dentro deste programa.

 

Actualmente Bluedisplays está a desembarcar e fai a "posta a punto" do centro, pero a idea é retomar algúns dos temas que no seu día funcionaron e foron referentes do Grove, co fin de devolver esta institución ao lugar en que debe estar.

 

Durante toda esta Semana Santa, e ata o mes de maio, e co fin de que toda a xente que o visitante o volva coñecer, vindo ao acuario a gozar, aprender e divertirse, vanlles regalar unha entrada ao acuario a todas as persoas que vaian visitalo. Isto quere dicir que polo prezo de 1 soa entrada, poderán vir a vernos outra segunda vez e así poder ir percibindo os cambios e melloras que o Acuario do Grove espera levar a cabo nestes meses previos ao verán.

 

As instalacións do Acuario do Grove estarán abertas de forma ininterrompida desde as dez da mañá.

 

Lembramos, ademais, que as instalacións do acuario están a carón do Centro de Interpretación do Intermareal, a Pesca e a Salga (CIPES) do Concello do Grove, que durante esta Semana Santa terá o seguinte horario de apertura:

 

Martes e mércores:                16:00 a 20:00 h

 

Xoves, venres e sábado:          11:00 a 13:30 h   

                                          16:00 a 20:00 h

 

Domingo:                             11:00 a 13:30 h

 

Luns:                                   Pechado