Campaña de reciclaxe de móbiles
Fecha: 2011-04-25
O Concello do Grove acaba de asinar un convenio coa empresa Recicla e Controla para poñer en marcha un programa de recollida de teléfonos móbiles e baterías de móbiles para a súa reciclaxe. Esta nova iniciativa engádese á de recollida de CD, lámpadas, pilas ou cartuchos de tinta dos minipuntos limpos que instalados en varias rúas da vila.
Cada terminal móbil contén níquel, cadmio, chumbo, plástico e vidro, entre outros compoñentes potencialmente perigosos para o medio ambiente, polo que cómpre tratar a súa recollida de forma selectiva. Así pois, para tal fin instaláronse varios recipientes na lonxa, no mercado, no centro de saúde, na Casa do Concello e no instituto do Monte da Vila. Proximamente instalaranse tamén nos colexios do municipio e no instituto das Bizocas.