Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Disco das comparsas do Entroido 2011

Fecha: 2011-04-29

 

O disco compacto coa gravación das actuacións das comparsas do Entroido 2011 xa se pode retirar no punto de información da Casa do Concello, logo de entregar o bono que para tal fin se achegaba coa entrada do Festival de Comparsas que tivo lugar no pavillón de deportes o pasado mes de marzo.

 

Esta gravación, de máis de dúas horas, fíxose na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey o sábado 12 de marzo e inclúe as actuacións de Os da Bayuca, vencedores do festival deste ano, Os Güeros, Os Garoulos, Os Ultrasur, As Plus, Os Groveiros, Os Firrás, Os Golfiños de Vilanova e os Trancheiros de Vilaxoán.