Publicada a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos e a designación do tribunal do proceso selectivo para contratar dez auxiliares de policía local
Fecha: 2011-05-05
Logo de ser publicado o anuncio da convocatoria no xornal Faro de Vigo o día 25 de abril de 2011 e transcorrido o prazo previsto para a presentación de solicitudes, o Concello do Grove, mediante unha resolución da Alcaldía, publica hoxe a relación de persoas admitidas e excluídas e a designación do tribunal que ha de xulgar o proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dez prazas de auxiliar de policía local.
Tamén se lles comunica ás persoas admitidas que quedan convocadas para realizar as probas físicas, o día 11 de maio, ás 11.30 horas no pavillón municipal de deportes.
Pode consultar a resolución e a listaxe neste enlace.