O Concello estrea versión da web turística para o móbil
Fecha: 2011-05-13
O CONCELLO DO GROVE LANZA UNHA WEB PARA MOSTRAR OS SEUS RECURSOS TURÍSTICOS A TRAVÉS DO TELÉFONO MÓBIL
O Concello do Grove presenta unha web que mostra todos os recursos turísticos municipais sobre dispositivos móbiles de última xeración (smartphones, PDA…). O sistema representa unha completa fonte de información turística que proporciona:
- Información de recursos turísticos e hostaleiros no Grove: aloxamentos, espazos singulares, restaurantes, praias, etc., con información e datos de contacto.
- Xeolocalización dos recursos respecto á posición do usuario, utilizando o GPS do dispositivo móbil, e visualización destes sobre un mapa.
- Posibilidade de facer reservas en liña a través de booking, onde aparecerán os aloxamentos situados no municipio.
- Enlace a páxina informativa de Facebook de turismo do Grove.
Para visualizalo dun modo adecuado, é necesario un dispositivo móbil con conexión a Internet e acceder mediante o seguinte enlace: