Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Curso básico de linguaxe de signos

Fecha: 2011-06-21

A Deputación, dentro do Programa Actívate e en colaboración coa Concellería de Xuventude do Concello do Grove, organiza un curso de linguaxe de signos.

 

 

O contido do curso é o seguinte:

Módulo I: Sistemas orais, manuais e xestuais de comunicación

Módulo II: Introdución á lingua de signos

Comunicación acústica e visual

Adquisición dos signos xestuais...

Módulo III: Dactiloloxía

O significado da lingua de signos,

Transcrición,

Compoñentes do acto comunicativo,

Quinésica oral ou labial

Módulo IV: Articulación do signo xestual

Regulación do discurso xestual

Sintaxe da lingua de signos ...

Módulo V: Signando

Estratexias para aprender lingua de signos

Perífrases léxico-visuais

Signos compostos e signos comúns

Expresións e exemplos de frases

Módulo VI: A profesión do intérprete

O curso, de 30 horas de duración, desenvolverase no Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul) os días 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11, 14 e 15 de novembro de 2011, de 18.30 a 21.30 h. Está destinado a mozas e mozos de 16 a 35 anos (ambos incluídos) e terán preferencia de inscrición aqueles que estean en situación de desemprego.

 

As persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación para a súa inscrición:

  • Solicitude
  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia da tarxeta de desemprego

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 8 de xullo ou ata que se cubran as 20 prazas, por rigorosa orde de entrada.

 

Lugar de inscrición: Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Rúa Castelao, 173. Teléfono: 986 730 609. omix@concellodogrove.com.