Reunión do alcalde e do concelleiro de Persoal co comité de empresa do Concello do Grove
Fecha: 2011-06-22
O alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, e o concelleiro de Facenda, Persoal e Emprego, Juan Luis Callón, mantiveron a primeira reunión co comité de empresa do Concello do Grove. O encontro supuxo a primeira toma de contacto entre os novos responsables políticos e os representantes sindicais do comité.
Entre os temas abordados destacan as competencias delegadas en materia de persoal na figura do concelleiro; o estudo da renovación do Convenio Colectivo do Persoal do Concello; o estudo dos sistemas de selección do persoal eventual para contratar polo Concello; o estudo da consolidación de postos de traballo do persoal interino; o control do absentismo laboral no cadro de persoal, así como o control da produtividade e da realización de horas extras á xornada laboral.