Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A concelleira de Comercio e Mercados reúnese con Emgrobes

Fecha: 2011-06-23

A concelleira de Comercio e Mercados do Concello do Grove, Marta Domínguez, mantivo a primeira reunión coa directiva dos Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes), para presentarse oficialmente e escoitar os proxectos e iniciativas da entidade. Durante o encontro, Marta Domínguez aproveitou a ocasión para mostrarlles a súa “total disposición, o seu apoio e diálogo”. 

A concelleira recorda o compromiso do actual goberno para que o Plan Estratéxico do Grove sexa unha guía de goberno para os próximos catro anos. 

Outra das cuestións abordadas na reunión foi o restablecemento da Mesa Local de Comercio, xa que o cambio de goberno fai preciso actualizar os nomes dos representantes políticos. Este punto será tratado no Pleno desta mesma noite. 

Marta Domínguez continuará a toma de contactos co resto de colectivos económicos e empresariais. Neste sentido, nos próximos días reunirase coa Asociación da Praza de Abastos do Grove (APAG).