Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Fogheiradas a escachar!

Fecha: 2011-06-23

Un total de 68 mecos van arder noutras tantas fogueiras que foron autorizadas polo Concello do Grove para esta noite de san Xoán.  

Desde a Concellería de Seguridade Cidadá lémbrannos as medidas de seguridade e prevención que se deberán ter en conta para gozarmos dunha festa con algún que outro salto, pero sen ningún sobresalto: 

  • A fogueira debe distar unha distancia mínima de 100 metros de vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou  telefónicos e zonas vexetais susceptibles de seren queimadas.
  • As súas dimensións non deben superar os 3 metros de alto nin os 4 metros de diámetro.
  • Non se deben queimar residuos perigosos ou tóxicos como pneumáticos, aceites, plásticos…
  • Cando se faga a fogueira sobre terreos públicos asfaltados, lousados ou pintados deberá protexerse o chan cunha capa de area en toda a superficie da fogueira.
  • Débese dispoñer no lugar dun sistema de extinción de incendios axeitado á proporción da fogueira.
  • A fogueira permanecerá vixiada ata que se apague totalmente. Para asegurarse, hai que empapar os restos con auga.
  • De levantarse vento que poida dificultar a vixilancia ou a extinción do lume, este deberá apagarse de inmediato. 

 

Varias patrullas de Protección Civil e da Policía Local estarán de patrulla durante a noite para garantir que todo se desenvolva con tranquilidade. 

Xa sabes: goza moito, pero ten sentidiño...