Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Quince persoas inmigrantes e retornadas participan no curso de camareiro/a organizado polo Concello do Grove

Fecha: 2011-06-28

O alcalde do Concello do Grove, Miguel Ángel Pérez, e o concelleiro de Facenda, Persoal e Emprego, Jose Luis Callón, inauguraron esta mañá na Casa Azul o Curso de camareiro/a, dirixido a persoas inmigrantes e emigrantes retornados en situación de desemprego.

O curso desenvólvese ata o 22 de xullo, cunha participación de quince alumnos/as. Ten unha duración de 120 horas, e forma parte do Programa de Formación Laboral Integra 2011 que organizan UXT, a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e o Concello do Grove.

Os alumnos participantes son do contorno do Grove e a intención é mellorar  a súa formación e a integración laboral no sector de hostalería, sector demandante de profesionais formados.

A formación desenvólvese de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. Nas dúas primeiras horas da xornada impártense as clases de teoría no edificio de usos múltiples, mentres que desde as 11.00 e ata as 14.00 horas reciben formación práctica nun restaurante da localidade. Ao rematar o curso, recibirán un diploma que acredite a súa formación. O alumnado benefíciase, ademais, dunha bolsa de asistencia.