Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O xurado pospón ata o 10 de setembro o ditame do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta

Fecha: 2011-06-29

O premio da XVIII edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta ditaminarase en setembro, decisión adoptada polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio, Alexandre Aguín; a Editorial Sotelo Blanco –entidade colaboradora encargada da edición das obras gañadoras- e os membros do xurado tras establecer contacto para coñecer o actual estado do certame. A información acadada despois desta primeira toma de contacto foi que, a pesar de que a base 5.ª do premio establece que a obra gañadora se daría a coñecer durante o mes de maio do ano 2011, os membros do xurado manifestaron que aínda recibiron os orixinais das trece obras que concorren a esta edición do Lueiro entre os días 7 e 10 de xuño.

Ante o atraso importante que acumula o certame, decidiron adiar a decisión da obra gañadora e fixar unha nova data, o sábado 10 de setembro, para facilitar o labor dos membros do xurado e da editorial Sotelo Blanco. 

O xurado estará composto por cinco membros especialistas en literatura. Un deles é a gañadora da edición anterior do premio, Chelo Suárez, dous foron nomeados polo Concello do Grove e os dous restantes participan en representación de Sotelo Blanco Edicións.